Thursday 02 de May de 2024

O Concello presenta a 10ª edición do Mercado Pirata


• Desenvolverase na praza Ramón Juega o venres 4 pola tarde; mentres que o sábado e domingo será en horario partido.

A praza de Ramón Juega será de novo o escenario do Mercado Pirata de Laxe, que este ano celebra a súa décima edición do 4 ao 6 de agosto. O Concello de Laxe volve colaborar con Los Templarios Eventos, entidade organizadora desta proposta lúdica, co obxectivo de promover unha festividade que xa é toda unha tradición no pobo e que cada ano gana máis adeptos.

Durante tres días o público asistente poderá desfrutar de postos de artesanía e alimentación, actuacións musicais, animación e ata dun carrusel ecolóxico.

O venres haberá actividade de 19 a 23 horas, e o sábado e domingo o horario será de 11 a 14:30 horas e de 18 a 23 horas. Ademais, haberá un espectáculo de lume para ás 22:30 horas.